«Coñécennos polo ?24? porque abre de noite e a veces de madrugada»

A MARIÑA

Florentino Araúzo na tenda Plis Pas que xa moita xente chama «o 24» polo seu horario.
Florentino Araúzo na tenda Plis Pas que xa moita xente chama «o 24» polo seu horario. XAIME F. RAMALLAL< / span>

Vende de todo, é cíber-locutorio, fai fotocopias e ata envía diñeiro fóra

25 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai xa once anos que Florentino Araúzo García (Ribadeo, 1961) abría en Burela, en pleno corazón da movida nocturna, unha tenda de nome Plis Pas onde o cliente pode atopar productos de alimentación, fogar, etcétera.

-A xente, ¿chámalle Plis Pas?

-Non, todo o mundo a coñece por «O 24». Plis Pas... dubido moito que se chegas a preguntar así por ela che saiban dicir.

-¿Non pensou en cambiar nome?

-Despois de 11 anos creo que xa vai ser complicado.

-En canto ás ventas que se fan de noite, ¿cales son os días máis fortes ao longo da semana?

-Facemos máis forza na apertura de de noite en venres e sábado e incluso domingo. O resto de semana temos horario de inverno e estamos ata as doce, aínda que se estou eu na tenda estiro máis o horario porque sempre chega alguén. Pero venres, sábados, domingos e festivos e vísperas de festivos son os máis fortes.

-¿Houbo etapas nese tempo de abrir sempre de madrugada?

-Nos primeiros anos, cando a movida nocturna en Burela era potente, había turno de noite e a tenda non pechaba nunca. Había moita máis afluencia e permitía ter dúas empregadas. Pero deunos un varapalo grande a normativa que saiu hai un ano ou dous, non deixando vender alcool a partir das dez da noite. ¿Problema? Se venden igual noutros sitios, cunha diferencia. A nivel nacional a este tipo de tendas lles chaman «tiendas de conveniencia». De feito, nós temos licenza de apertura 24 horas; cando empezamos era prácticamente a única tenda 24 horas que había daquela na Mariña. Ese tipo de tenda levou un pau moi grande coa normativa, pero as grandes superficies si que poden vender alcol e abren ata as dez da noite e é aí onde a xente agora vai mercar. Fanse botellóns diante da tenda pero vexo as bolsas dos supermercados. A nós quédanos vender o refresco e o xeo. Iso era antes simplemente un punto na venta, a maiores.

-¿Que se pode atopar no Plis Pas, sobre todo cando hai unha «emerxencia» a certas horas?

-Ao longo do tempo a tenda acabou incrementando referencias. Agora é unha especie de supermercado. Menos carne fresca e peixe aquí tes de todo. Para a xente da zona é a alacena do pobo. A forza de venta de produtos do local está nos festivos e domingos porque se chegan a facer compras grandes. ?Agora mesmo tes tanto de todo que non te preocupas de facer a compra para a fin de semana?, díxome unha señora. ¿Que fai falla un precociñado, conxelados, froita, verdura...? Aquí os temos, así como toda a gama de charcutería e en viños unha gran bodega... e falamos de viños de alta gama, non viños de pacotilla. A xente xa vén ver as estanterías de cara ao Nadal.

-¿Pasaron algún susto de noite?

-Si. Ao principio da movida forte, fatal. Tivemos algún que outro incidente. Tiñamos unha máquina expendedora fóra, nola tiraron e fora siniestro total, fai uns nove anos. O susto fora grande.

-¿Como leva o tema do sono?

-Non me afecta. Estou tan acostumado que se me teño que vir cedo para a casa xa non sei que facer. Agora cambiaron as cousas. A movida non é tan forte e é todo máis tranquilo. Podes estar sen problema ata tarde. Ademáis non vén só xente de Burela, tamén veñen de Foz, Cervo...

florentino araúzo garcía dono da tenda plis pas de burela

«Para a xente

da zona este establecemento é a alacena do pobo»