«Da biblioteca escolar parte a maioría das actividades»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Dúas profesoras, ela e outra de Xove, presentaron nun foro iberoamericano en Madrid a microrrede de 9 centros da zona

11 nov 2015 . Actualizado a las 14:47 h.

Dúas profesoras coordinadoras das bibliotecas escolares dos seus respectivos centros, Mariluz Iglesias (Ceip de Xove) e María Rolle Insua (Ceip Covas en Viveiro), presentaron recentemente nun congreso iberoamericano en Madrid a experiencia da microrrede creada dende hai anos entre varios colexios da Mariña.

-¿Que é o que foron explicar no congreso celebrado en Madrid?

-Na Mariña fixemos hai catro anos unha microrrede de bibliotecas escolares os Ceip de Cervo, Xove, Covas e Galdo, Cep Lois tobio, Cei San Roque e IES María Sarmiento e Vilar Ponte. Facemos unha actividade común na que traballan as familias dos alumnos e facemos exposición no Concello de Viveiro con motivo das Letras Galegas, con actividades dinamizadoras. Dende a asesoría da Xunta nos dixeron por que non presentabamos ese proxecto. Foi na Universidade Carlos III en Getafe. Alí había tamén xente de Brasil, de Portugal... xente como Mónica Baró que escribiu moitos libros, xente da asesoría de bibliotecas escolares do Plambe. Foron sobre 60 as comunicacións e fixemos a nosa tratando sobre a microrrede da Mariña e sobre como se dinamizan as comunidades educativas a través da literatura.

-¿Chamou a atención a iniciativa desta microrrede escolar?

-A nosa idea gustou moito porque non houbo ningunha ponencia sobre colexios que se uniran, no noso caso nove colexios de nove de características diferentes. Ademáis, a microrrede segue medrando con novas incorporacións. Vai a máis. É interesante poñernos de acordo e colaborar involucrando ás familias e incluso ás librarías da zona que nos donaran libros para a exposición. En algún colexio, ademáis, participa o 100% das familias.

-¿Que papel cre que teñen as bibliotecas escolares na Mariña?

-Hoxe por hoxe na nosa é de onde parte a maioría das actividades, case o 100% podemos dicir é iniciativa da biblioteca. Temos proxectos nos que se traballa sobre unha determinada área, estamos dinamizando o colexio. É o lugar do centro onde hai recursos e onde os nenos non so len.