Día do urbanismo

SUSO FERNÁNDEZ, CRONISTA OFICIAL DE FOZ OPINIÓN

A MARIÑA

09 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O8 de novembro celébrase o Dia Mundial do Urbanismo, creado pola ONU en 1949, «co fin de defender os intereses públicos da planificación urbana». A Real Academia Española define «urbanismo» como «o conxunto e coñecementos que se refiren ó estudo, desenvolvemento e progreso dos pobos en orde ás necesidades e a calidade de vida. Un urbanismo ordenado, equilibrado e cuidadoso co entorno, sen a acción destructiva das institucións, nen concesións á especulación, é garantía dunha vida mellor».

En España tratouse o asunto por primeira vez dun xeito formal no 1º Congreso Nacional de Urbanismo, celebrado en Madrid en 1929, pero os logros non foron os esperados pois, xa entón,fallou a colaboración dos concellos. No informe da Sociedade de Urbanistas de certo país lese: «Es cuestionable que las autoridades se han entregado al albedrío de construir o remodelar espacios que con justicia generan la protesta ciudadana; ello sin considerar los indicios de corrupción. Por otro lado es el ambiental un tema olvidado que reduce la calidad de los recursos turísticos?»

É obvio o interese do urbanismo, que debería ser preocupación primordial de pobos e gobernos, mais alá dos cotiás e demagóxicos discursos tan propios da caste política; con mais feitos e menos verbas, na defensa dun interese cidadán que, sen avergoñarse, unha e outra vez, din defender.

Do interese que os políticos amosan por cuestión tan transcendente temos os focegos mostra evidente: precisaron mais dunha ducia de anos para, tras àrduo traballo, mental sobre todo, chegar a comprender a barbarie cometida co emplazamento da depuradora; aínda que polos xornais temos novas de que agora non saben qué facer con ela. Non saben onde ubicala pois os ventos da política, que marcan o rumbo a capataces e as mesnadas ao servizo da causa, son cambeantes? ¿Precisarán pois, para decidilo, outros tantos anos?

E namentres os cidadáns normais, as xentes de ben, viven entre noxentos cheirumes? É a lección que a cotío nos dan os políticos «progresistas»? adxetivo ao que, con grande imaxinación, todos se adscriben.