«Debéranse facer na Mariña máis festivais coma este»

A MARIÑA

O actor recoñece as dificultades de programar estes actos e aplaude o ánimo da asociación Fanto Fantini de Burela

04 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda que non ten claro os compromisos que implica ser «o padriño» do festival Osa do Mar, o actor Miguel de Lira agarda asistir hoxe á apertura oficial deste certame polo que pasarán máis de vinte bandas. De Lira segue inmerso en proxectos, da man da Esmorga e Os fenómenos; preparando co grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro) unha nova produción que podería ver a luz a vindeira primavera e cun proxecto dun guion para unha película de cine, entre outras iniciativas máis.

-¿Cando lle plantexaron abrir oficialmente o festival?

-Coincidín con xente da asociación cultural Fanto Fantini durante a Feira do Bonito de Burela. E quedei con eles que me acercaría. Ademais... está a Banda Crebinsky.

-¿Cal é a súa relación coa comarca da Mariña?

-Sempre tiven boa relación coa Mariña, pero non de agora, xa desde hai anos. Coa compañía Chévere estivemos facendo xiras de quince días por diferentes concellos mariñanos e actuando en case todos os escenarios. Logo, noutra etapa, con coñecidos como Catalina, temos estado no local da Zaranda. Daquela había unha relación especial porque estaba a Sala Nasa en Santiago. Sempre tiven unha boa relación coa Mariña. Acórdome tamén daqueles vídeos de Mariña D´Or, coincidindo cos anos do bum da construción en Barreiros.

-A organización do Osa do Mar cre que o festival é unha boa plataforma para dar a coñecer todo tipo de propostas musicais, de todos os estilos, e nun ambiente máis familiar que o dos grandes macrofestivais. ¿Que opinión lle merecen estas iniciativas?

-Confeso non ter moito coñecemento sobre o festival Osa do Mar, pero, de entrada, xa me gusta que unha asociación como Fanto Fantini teña o valor de dar o paso e crear un festival polo que pasarán bandas semiveteranas, outras veteranas, outras máis novas... O marco do entorno da Marosa é bo, pero o mellor é o ánimo deles. Paréceme que se deberan facer na Mariña máis festivais coma este. Na Mariña non hai moito costume deles. O importante é que os organizadores estean activos porque se moven eles socialmente e moven o entorno no que viven. Sei o díficil que é organizar estes actos e o mérito que teñen.

miguel de lira actor e «padriño» do festival osa do mar

Sin autobuses por las quejas de taxistas

Hoy arranca el festival con un gran cartel, un lujo, con conciertos en la playa a cargo de Preto Style (17.00) y Anibal Anisakis (18.00). Ya en el recinto, desde las 20 horas, actuarán la Banda Crebinsky, Black Bombaim, Rosvita, SraSrSra, Novedades Carminha, Toundra, Cuchillo de Fuego y Nistra. El festival seguirá mañana. La organización confirmó que finalmente no funcionará el osabus, un servicio de autobús desde el recinto del festival al centro de Burela, por las quejas de taxistas. Desde hoy (14.00) hasta el domingo estará cortado el vial Burela-San Cibrao.