Boga, boga Burela

A MARIÑA

02 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Burela cre que o seu sector pesqueiro aínda ten moito que aportar. Non quere ser un punto máis no mapa turístico de Galicia, senón unha parada obrigada para todo aquel que queira descubrir un arte milenario, o oficio mariñeiro. Será o seu particular Museo do Prado. A idea chega fresca e diferénciase de moitas outras apostas porque conta coa unidade e a fortaleza que lle imprimen tres entidades.