«Ser pregoeiro afinca a miña condición de ?ribadencista?»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

O xefe de departamento no HULA disfruta de cada descanso na vila onde hoxe, ás 20.30, é o encargado de abrir as festas

28 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O médico lucense especialista en endocrinoloxía e xefe do departamento no HULA, José Ignacio Vidal Pardo, a quen os amigos coñecen por «Chicho», cambia hoxe a súa faceta no mundo da menciña pola de pregoeiro, abrindo as festas ribadenses. Atende a chamada xusto no intre en que prepara o guión do seu pregón.

-Unha curiosidade, ¿será un pregón clásico ou innovador?

-A verdade é que a miña experiencia en pregóns en nula. É o primeiro que dou. Só vou a dar o de Lugo e o de Ribadeo, pois teño «doble nacionalidade». Dende logo non vou facer un pregón literario, senón baseado nos 25 anos que levo asentado de fixo en Ribadeo. Intento contar vivencias do pobo e costumes que fun observando. Vivo en Lugo, pero paso todas as fins de semana en Ribadeo. Pódese dicir que os meus ratos de descanso os paso case ao 100% en Ribadeo.

-Xa tratará de «ti» a A-8...

-Teño varias rutas. Coma sempre, os galegos do norte temos que estar mirando para o tempo. Se fai nordés non veño pola A-8 senon por Meira. Outras variantes son Abadín e Cospeito.

-En Ribadeo, ¿recarga pilas?

-Si. Vou sempre con ilusión.

-¿Como reaccionou cando lle propuxeron ser pregoeiro?

-Quedei abraiado, non atinaba a saber por que era eu, pero despois de tantas persoalidades van cambiando de póla e buscando algún que outro recurso, isto o digo en broma. O que me fixo ilusión foi que afinca a miña condición de ?ribadencista?, un termo que acabo de acuñar. Eu xa ía de neno a Ribadeo con miña nai. Afinqueime alí, fixen casa, hai case 24 anos. Teño xa moitos recordos de Ribadeo. O meu fillo máis novo xa é ribadense.

-Os seus recunchos favoritos.

-Case toda a miña vida está en Porcillán e na vila e disfruto do barrio de San Roque. Todos os arredores son moi bonitos.

-Presidiu o Colexio de Médicos de Lugo. No futuro, ¿aceptaría máis cargos de relevancia?

-Exercín sempre a menciña pero o tema da xestión é un capítulo que teño pechado. Agora só xestiono como xefe de departamento. Sobre todo nestes momentos o exercizo da menciña é estresante porque a demanda cada vez é máis grande e os recursos están limitados. Toca facer máis con menos e iso acúsase.

josé ignacio vidal pardo ENDOCRINO QUE Dá O PREGÓN EN RIBADEO

EL PROGRAMA DE HOY

18.00 horas: Abre el II Mercado Pirata en el parque de San Francisco, en este primer día hasta las 23.00 horas, con puestos de alimentación y artesanía, atracciones y rincón infantil, demostración de soplado de vidrio, espectáculos de música y fuego.

19.30 horas: En O Cantón, actuación de danza con Lidia F. Belmar.

20.30 horas: Pregón de José Ignacio Vidal Pardo, miembro de la Real Academia de Medicina, en el Teatro.