Viveiro vibra con música electrónica

LAURA RAMOS / s. c. VIVEIRO / VIVEIRO

A MARIÑA

O festival encherá o Casino Club Náutico o próximo sábado

30 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado Viveiro será testigo do seu primeiro festival de música electrónica. As sesións empezarán ás 20:30 horas no Casino Club Náutico.

A idea naceu da vontade de varios mozos da vila. «Buscábamos un proxecto deste estilo, serio, para a zona, que necesitaba moito un evento así de novidoso», explicou Lucas López, «Llonas», un dos organizadores, tamén presente no cartel.

Tras semanas de arduo traballo, todo apunta a que terá un éxito de convocatoria. Centos de entradas anticipadas xa foron vendidas e o nome do festival soou por varios medios especializados a nivel nacional.

Por que Ether: An Electronic Odissey? «Cremos que a música electrónica é un estilo que che evoca outros mundos, que che fai viaxar, por iso o da odisea electrónica. Por outra banda, éter é o nome que lle deu Aristóteles á materia da que, segundo el, estaba composto todo o universo,» explica Llonas.

OUTRO UNIVERSO MUSICAL ETHER: AN ELECTRONIC ODDISEY