Santa Ana, co patroa de Celeiro

VICENTE MÍGUEZ

A MARIÑA

27 jul 2015 . Actualizado a las 13:35 h.

Segundo a tradición católica e maila ortodoxa, San Xoaquín e Santa Ana eran os pais de María, así que avós do Mesías, de Xesucristo. Situada na Rúa Grande, centro neurálxico da poboación en Celeiro, a capela de Santa Ana, que data do século XVI, fora construida en terreos do antigo Hospital de Pobres e Peregrinos do Camiño Norte, que agora ?anuncian- van poñer a andar.

Este oratorio foi recoñecido asilo para acoller a escapados, que sentíanse protexidos ata da Garda Civil por ser igrexa de refuxio.

Baixo a advocación da Virxe do Carme, Celeiro ten como santos patróns a Santiago Apóstolo e a Santa Ana, tal como recolleron as Ordenanzas de 1944 da Confraría de Pescadores Santiago de Cillero. Entre os mariñeiros eran ben socorridos aqueles versos: Nosa Señora Santa Ana / protexe ós mariñeiros /que van pasar a barra

A tradición popular vén celebrando o día 25 de Xullo a procesión con baixada de San Iago ata a capela, onde pemanecerá atá o día seguinte cabo de Santa Ana, ?para que pasen unha noite xuntos? ? din con retranca algúns blasfemiños. Unha vez dentro Patrón e Patroa, mesmo diante da capela e noutras rúas colindantes, a veciñanza brinca uns bailes co sons de gaiteiros na honra da Santa, a quen tamén no seu día, 26 de Xullo, adícaselle unha sonora traca con bombas de palenque. Porque é a nai da Nai de Cristo.

A miña avolita, cando de neno lle preguntaba: Abuela, quen me é máis, mamá ou tú?

-Por forza, eu, que son a mamá da túa mamá; sonche dúas veces mamá- sentenciaba.

Santa Ana: a nai da Nai.