Esta festa vai ser grande

A MARIÑA

03 jul 2015 . Actualizado a las 12:41 h.

A festa castrexa de Burela é especial, celebran as orixes, celébrase a historia propia, onde está a raíz: iso hoxe no tempo da desmemoria faina máis especial. Desde este xornal, a Voz, hoxe mesmo publicamos unha guía informativa co programa da festa castrexa para toda Galicia e para a edición de Madrid. Ademáis desde mañán abriremos na web, na nosa edición dixital, un álbume con imaxes dos clans participantes para espallar esta festa polas redes. Queremos contribuír decididamente a facer máis grande a festa castrexa, que sexa coñecida e recoñecida -como sen dúbida merece- en Galicia e no exterior. En só catro anos a festa castrexa de Burela está a situarse entre as máis orixinais. Vimos apoiando esta festa desde un principio na edición local; agora imos máis alá: proxectámola a toda Galicia e ao exterior para que sexa axiña recoñecida entre as festas grandes de maior interés turístico e cultural, porque inclúe estes aspectos e esa é precisamente a súa singularidade. Un pobo que celebra as súas orixes e sabe de onde vén, medra máis, ten identidade e sabe, seguro, a onde ir.