«A xente de Xove para cousas de festas responde»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

A asociación de comerciantes é a encargada de organizar a Festa de Fillas de María que animará Xove todo o día

30 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda que nado en San Pedro en Viveiro aló polo 1960, dende os 80 José Nieto é un xovense máis. Alí vive, rexenta o Bar Pepe e agora, dende hai dous meses, preside Aciam Xove, que hoxe celebra a cita primaveral festiva de Fillas de María durante todo o día na que colabora o Concello.

-¿Como vai a experiencia de presidir a asociación?

-Bastante ben, de momento. Todo o mundo colabora. Somos arredor de 52 socios.

-¿Que queren facer en Xove?

-A primeira cousa que fixemos foi seguir co Venres de Tapeo que empezara a outra directiva ata xuño e pararemos ata setembro. Somos dez bares. Hai un sorteo cada mes de 400 euros en vales de compra, para gastar nos locais asociados menos nos bares. De cara o verán non temos pensado nada. Despois, coma sempre, será a promoción de Nadal.

-A festa das Fillas de María é do que toca falar agora.

-Debe ser o sexto ano da festa. Eu non a acordo, creo que parara polos anos 50 e se recuperou na segunda etapa de Aciam.

-¿Como espera a xornada?

-De momento foi ben todos os anos, agás un ano que choveu e houbo que cambiala para o pabellón, pero a xente acudeu. A xente de Xove, para cousas de festas, responde. O importante para nós é que non choiva. O movemento de xente está garantizado.

josé nieto candia presidente da aciam