«Non quero velo con nostalxia»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA SAN CIBRAO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Hoxe (19 h) fala do seu oficio en Viveiro, no ciclo sobre patrimonio marítimo

23 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Francisco Fra, carpinteiro de ribeira en activo, fala hoxe do seu oficio artesanal no Concello de Viveiro, a partir das 19.00 horas.

-A carpintería de ribeira, ¿é algo nostálxico ou segue chamando?

-Eu non o quero ver como unha cuestión de nostalxia. Hai xente que o enfoca dende o romanticismo, que si que o ten, só que aquí vamos por detrais doutros lugares do mundo onde están máis avanzados, onde despois de dala por perdida recuperaron moito a actividade e se dedican á recuperación de embarcacións tradicionais e de recreo que se seguen facendo. Reparación hai moita pero construccións novas foron a menos porque nos (falo tamén dos asteleiros) basábamos moito en barcos de pesca e o tema de axudas baixou moito. E hoxe estanse metendo materiais que parece que son mellores, pero non.

-Algo así como pasou, na construción, coa cultura do cemento.

-Pasa parecido. Ves unha casa de pedra hoxe en día e póla ben bonita, con todos os adiantos, e ¡vaia casa que fas! Ou igual que cos mobles que son aglomerados pasa coas embarcacións de fibra. Teñen unha boa presentación e pénsase que non se necesita mantemento pero haino.

-Tamén quedan carpinteiros de ribeira no Occidente astur.

-Si, sei dos Pachos de Castropol. Non os coñezo, teño que ir visitalos. Coñezo aos de Galicia ao estar na Asociación Galega de Carpinteiros de Ribeira.

-¡A súa ten máis de 200 anos!

-Eu son a séptima xeneración. Hoxe é díficil e complicado porse buscan outras cousas á hora de traballar. Non deixa de ser sacrificado este traballo pero penso que a educación inflúe en todo, nisto tamén, e iso que en mar tamén está de moda o deseño clásico.

francisco fra carpintero de ribeira de san cibrao