BNG: «Somos a forza en ascenso agora na Mariña»

e. m. BARREIROS / LA VOZ

A MARIÑA

A. Ermida, responsable comarcal, e Veiga, vicepdte da Deputación.
A. Ermida, responsable comarcal, e Veiga, vicepdte da Deputación.

22 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

«O BNG é neste momento a forza política en ascenso na Mariña e quedará demostrado este domingo en moitos concellos». A frase é de Ana Ermida, responsable comarcal do BNG na Mariña e candidata en Barreiros; frase que corrobora Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación Provincial.

«A campaña do BNG é intensa, centrada na Mariña e nos principais problemas e necesidades desta comarca, e o traballo destes anos dende a Deputación a prol da Mariña e da súa xente tamén está aí, demostrado», afirmou.

Os nacionalistas do BNG aspiran a mellorar os resultados de hai catro anos nos que conseguiron máis de 10.000 votos na comarca e as alcaldías de Ribadeo, Mondoñedo e Riotorto. «Quedou demostrado tamén que o BNG é garantía de seriedade, de transparencia e bo goberno nos concellos da Mariña. Somos -dixo- unha forza de referencia na Mariña e claramente en ascenso porque o traballo destes anos nos avala; moitos cidadáns e cidadás da Mariña queren que o Bloque estea nos gobernos dos seus concellos porque saben que cando está o BNG o concello funciona e está preto e participan».