¿E por que agora?

A MARIÑA

05 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Vivimos nunha sociedade moderna, plural, pero na que falla o respecto á liberdade persoal. Ninguén se parou a pensar qué pensará ante esta polémica cada unha das nenas e das rapazas elixidas raíñas e damas das festas. ¿E os seus pais? A ninguén lle impoñen ser raíña das festas do seu pobo. E tamén estou convencida de que haberá rapaces dispostos a levar a coroa de rei. Pero, ¿por que xorde agora esta polémica e non houbo reparo ao nomeamento das raíñas do Antroido alá por febreiro?