César Docampo, no BNG de Lourenzá, promete «un trato igualitario e acabar co clientelismo»

lourenzá / la voz

A MARIÑA

Dinse dispostos "a rematar con máis de 25 anos de promesas e incumprimentos do PP"

21 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

César Docampo encabeza a lista do BNG de Lourenzá co fin «de dar continuidade á labor iniciada hai catro anos, de dar un trato igualitario a todos os veciños/as e de acabar dunha vez coas prácticas clientelares».

Os nacionalistas laurentinos están dispostos, din, «a rematar con máis de 25 anos de promesas e incumprimentos de goberno do PP. Temos máis ca nunca vocación de goberno cunha candidatura formada por veciños e veciñas de case a totalidade das parroquias, de diversas xeracións e con profesións plurais, desde autónomos a asalariados, desempregados, labregos ou funcionarios».

Prometen contratacións limpas, procesos de selección limpos, «e non o que acontece ata o momento en Lourenzá; tamén revisaremos á baixa os salarios de cargos políticos e eliminaremos a adicación parcial da tenencia da alcaldía, que lle supón agora ao concello máis de 21.000 euros ao ano».

Tras César Docampo, la lista la completan por este orden: Anxo Fernández Vilalba, comerciante; Ramón Valiña Rivas, trabajador forestal; F. Xavier Trigo Maseda, panadero; Laura Rivas, administrativa; Pedro Barreira Salgado, autónomo; M. Isabel Fernández Balseiro, comerciante; David Neira Trelles, pensionista; Olivier Valiña, cantero desempleado; X. Miguel Ramil Seivane, trabajador de la construcción y músico; M. Belén Fanego Barreira, ex concejala y trabajadora del Sergas, y Daniel Saiz Docampo, estudiante.