El BNG reclama que Portos "abra Viveiro ao mar, dunha vez por todas"

VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Los nacionalistas hablan de la "gran coalición PP-PSOE" para lo que consideran "unha simple capa de chapa e pintura" en el muelle viejo

21 ene 2015 . Actualizado a las 18:30 h.

O BNG de Viveiro, a través do seu concelleiro e portavoz Bernardo Fraga, pide que se abra a cidade ao mar «dunha vez por todas e se deixen de enganos á cidadanía». «Viveiro o que precisa é unha reforma integral do espazo que ocupa o muelle vello, abrilo ao mar; o que precisa Viveiro é que Portos xestione a concesión das actuais concesións e se deixen de botar unha simple capa de chapa e pintura para contentar aos veciños antes das eleccións e que siga en realidade todo igual», sinala Bernardo Fraga.

O portavoz do BNG en Viveiro acusa ao concello e á Xunta «de non ter un proxecto de futuro para os terreos que ocupaban o muelle vello. O máis doado é tirar os galpóns e pintar unhas liñas no chan e que aparquen coches, pero nesa zona pódese facer moito máis e débese facer moito máis, porque senón iso é desaproveitar un entorno privilexiado no centro mesmo de Viveiro a carón da ponte e da ría».

O edil nacionalista acusa á alcaldesa «de aliarse co candidato do PP para enganar aos viveirenses antes das eleccións» e de «estar ensaiando unha gran coalición entre o PP e o PSOE para despois dos comicios; máis do mesmo. Nós ofrecemos unha alternativa, un modelo de concello diferente para Viveiro, e desde logo a reforma integral do muelle vello é un proxecto principal, prioritario», di.