O BNG da Mariña denuncia que un enfermo con revisións semestrais en Cardioloxía no Hospital da Costa espera desde setembro por unha proba de ecocardio

La Voz BURELA /LA VOZ

A MARIÑA

Os nacionalistas critican o colapso en diferentes servizos no hospital mariñano

15 ene 2015 . Actualizado a las 13:32 h.

O BNG da Mariña critica o colapso nalgúns servizos do Hospital da Costa con probas diagnósticas, sinalan, programadas xa e que acumulan meses de retraso. Poñen como exemplo o caso dun paciente con revisións semestrais que agarda desde setembro do 2014 por unha proba de ecocardio para a que aínda non ten data prevista. Explican desde o BNG da Mariña, a través da súa portavoz comarcal Ana Ermida, que non é o único caso, "existen centos na comarca nas mesmas circunstancias e que a pesar das negativas dadas polo Sergas sobre a existencia deste problema, a falta de cardiólogos no hospital creou alarma".