«A empresa era a miña vida, pelei máis do posible pero o bloqueo é xeral»

La Voz

A MARIÑA

17 dic 2014 . Actualizado a las 05:15 h.

Para Manuel Mon Rouco, liquidar a súa empresa é como «cortar o cordón umbilical» co que se sentía unido a ela dende fai 41 anos. «Era a miña vida», decía anoite nun intento de explicar canto lle custou dar un paso co que non contaba cando, por exemplo, avalou as débedas da construtora cos seus bens. Non o conta el, pero o certo é que dende fai tres meses quedouse sen a súa casa, sobre a que se executou a hipoteca que pesaba sobre ela.

«Impliqueime ata o fondo, máis do posible, porque na empresa están moitos anos de traballo e esforzos, de reinversión de beneficios, de modernización de instalacións, de ampliacións...», rememoraba onte Manuel Mon. «Non o creo nin eu», admite un empresario que resistíu en activo máis alá da actual idade de xubilación. Agora toca parar, decepcionado polo «bloqueo xeral» que sentíu cando a banca lle negou avais cos que tería podido traballar e, polo tanto, xenerar ingresos para manter a empresa.

Noutro intento de resistir, a construtora puxo á venda bens, para amortizar débedas, «pero non hai quen merque». «Creíamos tanto na empresa e no seu futuro, que esgotamos todas as posibilidades», remata Mon.