«A cultura é algo que nos ubica e que nos identifica»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Membro da Real Academia Galega de Belas Artes, onte foi o encargado de pechar o ciclo de Sementeira en Viveiro

28 nov 2014 . Actualizado a las 17:50 h.

Na estrada pero conducindo outro, atende a chamada Felipe Senén de camiño á entrega dos premios Bo e Xeneroso xa que el é un dos galardonados e antes de que visite Viveiro para pechar as Xornadas sobre Lingua e Cultura de Pensamento e Sementeira. «Dame medo que se retrasen en Cabana de Bergantiños», confesa.

-Obrigado preguntarlle de que trata «Cultura galega: o estado da cuestión», a conferencia.

-O estado da cuestión é que o noso tempo é a sociedade de consumo, a cultura monetarízase, é unha cultura de actos, medallas, liturxia, ceremonias cando cultura é resolver problemas en base a tradicións, innovación e investigación e indudablemente as relacións. Do noso tempo hai o dito de que a cultura non vende e non da votos. O que faltan son bos xestores. Un xenio do noso tempo que fixo da cultura innovación, comercio, arte e industria é Isaac Díaz Pardo pero que parece que nos olvidamos. Non se soubo entender quen avala a producción que neste caso é a cultura, senón non podemos competir cos chinos. O que avala as nosas cousas é a orixe. As fábricas tiveron ata unha función de educación pero parece que hoxe prima o esperpento, encender a televisión e ver certas cousas. É difícil dignificar a cultura como un valor e temos tantas riquezas que sen embargo estamos sendo consumidores da cultura dos demáis. É un país... nos vai como nos vai. Por metro cúbico é o que máis intelectuais ten, pero algúns prendidos no seu ego. Unha cousa é servir á cultura e outra servirse da cultura.

-Non fala logo de arqueoloxía.

-A palabra orixinalidade vén de orixe. É o que nos identifica. O meu orixe é ser arqueologo e buscador de historias e sabelas colocar, que é ser museólogo. Pero non quero quedar na idea da cultura como un adorno senón como algo que verdadeiramente nos ubica, define, identifica no mundo. Neste país noso levantas unha pedra e temos cantidade de historias detrais.

-¿Tiveron que vir algunhas cicloxéneses para destapar achádegos como pasou na Mariña?

-A riqueza que tedes nesa terra tamen quedou moi limitada polas estradas. Isaac precisamente axudou a sacar a relucir a memoria, el me levaba aos cursos de verán, aqueles seminarios internacionais que ubicaban a Sargadelos e Galicia no mundo. Hai que manter un esforzo e ter confianza e apoio cultural e intelectual. Para dar un paso adiante hai que coller forza no paso de atrás, di Castelao. Un pobo que abriu portos e encrucilladas sabe recibir e moverse polo mundo.

-¿Que pasaría noutros países con esa riqueza da que fala?

-Quizais tampouco se está para excavar agora porque toda excavación no fondo é unha destrucción que ao final hai que manter e conservar. Déixase en verde e xa se excavará o día de mañá.

FELIPE SENÉN ARQUEÓLOGO E ESCRITOR