Hoxe preséntase o roteiro literario e turístico «Leiras Pulpeiro»

MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

Ás 20 horas proxéctase un audiovisual realizado por Matías Nicieza

08 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe ás 20 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo a asociación Abrindo Camiño presenta o roteiro turístico e literario «Leiras Pulpeiro» co que se pechará un ciclo adicado ao ilustre médico e poeta.

Este roteiro literario e turístico percorre os lugares onde naceu e viviu Leiras, e tamén onde está soterrado, a máis daqueles outros lugares relacionados coa súa obra literaria ou que recomendaba polos seus efectos terapéuticos, como a zona de baños de A Fervenza ou a inxesta de augas sulfurosas da fonte do Coto da Recadieira.

Para este roteiro editouse un tríptico e elaborouse un audiovisual realizado polo director de cine Matías Nicieza e narrado pola profesora e escritora mindoniense Marina Mayoral, audiovisual que se estreará esta tarde tamén na Casa da Cultura.

Á vez deseñáronse uns carteis informativos ao longo do roteiro que serán instalados este ano.