«Está moi de moda a utilización de drone para os vídeos das vodas»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

FaRi Elfarero

Acaba de saír una nova normativa que regula o seu uso e que el comenta

29 oct 2014 . Actualizado a las 13:31 h.

Detrás de Servicios Audiovisuales Elfarero de Ribadeo está Manuel Vázquez González «terceiro, porque meu avó e meu pai tamén eran Manuel Vázquez González», puntualiza. O nome da actual empresa era o mesmo da asociación cultural que se creara no ano 2002, explica. «Continuei facendo estudios, de Realización na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, e traballei en publicidade para televisión, tamén fixen algo de cine... e nos metimos na fotografía. Tamén traballamos coa Feuga realizando vídeos sobre turismo en Galicia».

-Son das poucas empresas que utiliza drone nos seus traballos. Coñece a nova normativa, supoño, un decreto lei que o regula.

-Utilizámolo dende primeiros do ano pasado para ter imáxenes distintas. Comprei o drone para facelas cando a situación era algo estrana, máis ben alegal, ata hai uns meses. Eu sigo voando con el. Hai pouco saiu esa nova normativa que permite voar pero so en espacios abertos, sen ser núcleo urbano e onde non haxa xente. Considero que é unha normativa algo absurda para o tipo de traballo que eu fago. Agora a normativa tampouco está, digamos, moi clara. Fanse cursos que acreditan como piloto de drone pero non son claros, son «comecartos». Eu estou mirando de facer un pois tamén hai categorías según o peso do drone. O meu drone de agora é moi sinxelo, o máis sinxelo da gama profesional.

-¿Ten que pedir autorización?

-Se vas voar a IllaPancha como é un espazo aberto en teoría non, a non ser que considerarámos aeródromo o de Vilaframil, entón non poderíamos voar porque está a menos de 5 quilometros. É unha lei estrana. É como cando pides un permiso de rodaxe. No Concello de Ribadeo, por exemplo, teño feito solicitudes para facer tomas aéreas e se me concede. Polo tema da privacidade da imaxe de outras persoas, sincertamente, é o que menos me preocupa porque no meu caso voas alto, utilizas cámara con gran angular e realmente non se distingue a xente.

-Dende hai uns anos empezamos a velos en concertos como o do Resurrection. Espectacular.

-Hai moitos usos dos drones, non só no campo da fotografía. O meu é dedicado a isto pero hai xente que os usa en rescates, para contabilizar gando...

-E en vodas, creo, que está nos servizos de Elfarero, ¿verdade?

-Si me pediron o drone para vodas e me buscan adrede polo drone para elas. Coas tomas aeréas quedan unhas imaxes preciosas, tanto o día da voda ou o da posvoda. Está moi de moda agora.

-¿É a súa ferramenta de traballo habitual entón?

-Eu traballo con el e o levo sempre conmigo xunto coa cámara. O que eu teño xa voou por media Europa.

MANUEL VÁZQUEZ GONZÁLEZ realizador e fotógrafo de ribadeo