Santín e Val levarán ao Parlamento os problemas coas eléctricas

FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

21 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Os parlamentarios do PSOE, González Santín e Val Alonso, xunto coa vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, reuníronse onte á tarde en Foz con representantes da Plataforma de Afectados polos Abusos das Eléctricas na Mariña. Acordaron pedir no Parlamento que a Xunta estableza medidas que compensen ás familias da Mariña afectadas por problemas coas empresas eléctricas.

Un dos problemas que trataron onte é «o da lectura real dos contadores dixitais que supera o consumo dos analóxicos nun 15%. Os dispositivos actuais tampouco están homologados e os afectados teñen que asumir a título individual o custo da substitución, a pesar de que este cambio debería ter un custo cero para eles», manifestaban onte despois da reunión comprometéndose a trasladar este problema ao Parlamento galego.

«Trátase -sinalaron- de que os veciños teñan a certeza de que se lles está a facturar en base a lecturas que cumpran todas as garantías e polo tanto, que paguen polo que realmente consumen e non polo que se lles di que consumen, pois a Xunta tamén ten probas de que se están a reprogramar estes equipos dende a distribuidora sen aviso aos titulares dos mesmos; non se poden cambiar consumos ao antollo», concluíron.

Barreiros y Cervo

Os socialistas explicaron que os problemas coa facturación eléctrica siguen provocando problemas e complicacións en varios concellos da provincia e da Mariña en concreto.

«Constatáronse -apuntaron- denuncias de varios veciños de Barreiros ou de comunidade de propietarios de Cervo que no prazo dunha semana recibiron doce facturas de consumo eléctrico por un importe superior ós 10.400 euros, cantidade que non se corresponde co que realmente deberían pagar debido a unha lectura estimada dos seus contadores e que chega a quintuplicar o consumo real», expresaron na rolda de prensa Santín, Val e Lara Méndez.

Por todo o sinalado, finalizaron, «trasladaremos toda esta problemática ao Parlamento para pedir á Xunta de Galicia que tome cartas e resolva esta situación.