«O mes das San Lucas tamén foi o mes negro de Pardo de Cela»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

O profesor de Lengua Española en Oviedo tocará os dous temas hoxe, no pregón de As San Lucas

16 oct 2014 . Actualizado a las 15:05 h.

Xa o ano pasado Antón Meilán García (Mondoñedo, 1950) expresaba nas páxinas deste xornal as súas lembranzas de neno das San Lucas, feiras e festas que o profesor de Lengua Española na Universidad de Oviedo pregona hoxe. Nacido na mesma casa de Leiras Pulpeiro, a vista atrás lévao a rememorar a cita con todos os sentidos e cunha escea única: «Os cabalos que viñan da Terra de Miranda collían polo calexón e tiraban para o Campo dos Paxariños e pasaban pola plazuela de San Xoán. Dende as doce da noite era un conntinuo relincho e trote. Era moi bonito, case como a noite de Reis».

-Que fermosa comparación. ¿Que diferenza hai entre As San Lucas sendo un neno e hoxe?

-Seguen mantendo o caracter medieval. Naceron en 1156 polo decreto do Fuero de León de Alfonso VII e conservan esa miguiña de tradición medieval onde segues encontrando os postos dos ferreiros, cazolas de barro, alfareiros, incluso carpinteiros so que agora non traen pratos nin cucharas pero si outras cousas e o centro das San Lucas que é o gando cabalar. Pese a estos momentos de globalización, vexo que hai postos dende case o cemiterio ata invadir Mondoñedo e antes non, que é o que vou falar no pregón, antes estaban colocados por gremios.

-¿Con que olor de As San Lucas se quedaría, se tivera que elixir?

-O do cabalo. Á miña pandilla gustáballe ir ó trato dos feirantes, sacaban uns faxos de diñeiro do demo e unha vez que pagaban, mollaban o trato, ían a tomar un viño. Gustábanos cando probaban o cabalo e lle miraban os dentes.

-O pregón, ¿en que consistirá?

-Ten tres partes pero non pasa de media hora. O fío conductor son As San Lucas. A primeira parte céntrase cando Alfonso VII lle outorga a Mondoñedo o título de cidade. Entón fixou oito días de feira pola festa de Santa María en agosto pero en 1248 conságrase a catedral, o 18 de outubro, que é a festividade das San Lucas e pásase a esa data. As festas de agosto terminaron desaparecendo. As San Lucas teñen a súa forza e están instituídas por Alfonso VII. De feito aínda temos unha rúa co seu nome e grazas a el estamos nos mapas máis antigos. Mondoñedo aparece como capital e as festas foron o motor económico durante toda a Idade Media e o seguen sendo da Mariña.

-¿A segunda e terceira parte?

-A segunda son recordos meus pero enfocados a como se colocaban os postos. E a terceira sobre Pardo de Cela. Non é un capricho meu. Teño un libro e artigos publicados como o dos seus tres últimos anos na revista Murguía, cando empeza a loita na Frouxeira. É cando se fai forte alí ata a traición. Sabemos polo testamento que acaba de descubrir na Chancillería de Valladolid Eduardo Pardo de Guevara dun proceso xudicial que consta de mil cento folios, proceso que comeza María Mayor de Baamonde, que era filla de Beatriz, filla de Pardo de Cela. Comezan un xuízo contra o Obispado de Mondoñedo por unhas terras e que a Igrexa se incautara unha vez degolan a Pardo de Cela. Ese proceso comeza en 1510 e termina 1548.

-¿Que nova información aportou ese descubrimento?

-Por el sabemos que el morre degolado o 3 de outubro, por un dos testigos, o prior de San Martiño de Mondoñedo que firma o codicilio. Pardo de Cela fai o día 1 o testamento pero o 3 engade cousas, bens para a muller, o fillo que non estaba recoñecido e que lle cortan a cabeza con el. Demostra aos que mantivemos sempre que fora degolado que temos razon. O mes de As San Lucas tamen foi o mes negro de Pardo de Cela(...) Mátano moi rapidamente dende que o collen, a el e ao seu fillo, e segue dicindo que por medo de que o liberasen(...) Serve para que Mondoñedo saiba a verdade. A Igrexa mindoniense tivo moito que ver, cando o dixera se botaran enriba de min. Agora está bastante claro.

antón meilán garcía hoxe le o pregón das festas en mondoñedo

«O paso dos cabalos era case coma os Reis»