«A mellor forma de que non circulen fotos comprometidas é non facelas»

INMACULADA EIROÁ VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

José Luis Sáez Castro, especialista da garda civil en temas do menor

21 sep 2014 . Actualizado a las 05:08 h.

«Los peligros de las redes sociales en los jóvenes». Sobre ese candente tema de actualidade falou José Luís Sáez Castro, especialista en Menor, da Garda Civil, con sesenta alumnos de terceiro de ESO do IES Monte Castelo de Burela. «A mellor forma de que non circulen fotos comprometidas é non facelas», resume.

-¿É una intervención esporádica o se estenderá a outros centros?

-A Guardia Civil atende sempre os requirimentos dos centros educativos. De feito hai un programa que se pode ver na web e os centros poden solicitar o que consideren oportuno. Hai de maiores -hai pouco o meu compañeiro Iván deu unha sobre violencia de xénero en Ribadeo-. Calquera organización ou centro educativo pode solicitar e logo a Garda Civil manda a quen considere oportuno.

-Polo que se percibe na sociedade, a traveso dos medios de comunicación, Internet é un marabilloso, pero con perigos e parece imprescindible informar nos institutos e nos colexios.

-Mentres a sociedade non se adapta ás novas tecnoloxías, Empezando polos pais, mestre e profesores e continuando coas forzas de seguridade todo o mundo ten que por hai que poñer o grao de area para que os rapaces estean informados dos perigos que pode haber no uso das novas tecnoloxías. E unha adaptación que temos que facer todos. No Defensor do Menor aparece que o 80% dos menores que se conectan a Internet fano co móbil non coma antes, que o facían dende un ordenador (...).

José Luis Sáez Castro, especialista da garda civil en temas do menor