A volta ao mundo do investigador focense Xurxo Mariño

María Cuadrado Fernández
MARÍA CUADRADO VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

O neurocientífico manifestouse sorprendido ao descubrir as Illas Galápagos, que visitou en marzo.
O neurocientífico manifestouse sorprendido ao descubrir as Illas Galápagos, que visitou en marzo.

Logo de 11 meses de periplo, Mariño voltou cun enfoque distinto do planeta

16 sep 2014 . Actualizado a las 07:06 h.

O neurocientífico e divulgador mariñano Xurxo Mariño (Lugo, 1969) e a súa compañeira e avogada Eli Couto xa están de volta na súa casa de Santiago logo de once meses viaxando polo mundo. Somos lexión os que seguimos os pasos destes viaxeiros que compartiron con nós o seu periplo case en tempo real -tendo en conta as dificultades de comunicación nalgúns países- a través do blog «Vagamundeando», onde nos amosaron as caras do mundo meños coñecidas. Lixeiros de equipaxe, voltaron a Compostela sen poder entrar en Rusia e tras un descanso en Foz, onde se criou e reside a familia de Mariño. Coa aventura concluida, o neurocientífico prepara agora un traballo como divulgador en Bilbao. En febreiro, voltará á Universidade da Coruña.

-Volverá cargado de recordos...

-Esta viaxe dáche unha visión doutros aspectos do planeta, de como vai mudando a natureza a medida que vas percorrendo o planeta, de como munda a xeoloxía.... de cantas formas hai de vivir moi distintas da nosa, e tamén ves que hai moita xente que o está pasando moi mal. Aínda que en Europa estamos inmersos nunha crise importante, hai países onde realmente a xente para sobrevivir ten que moverse moito todos os días.

-¿Cambiouno moito como persoa esta viaxe?

-Sempre cambia. Eu agora teño que sentarme e escribir sobre esta experiencia. Teño varios proxectos, pero unha cousa que é clara é que agora observo o mundo desde unha perspectiva distinta, os problemas políticos, sobre fronteiras... Se coñeces moitas culturas tes un enfoque distinto. Cámbiache a visión crítica do mundo. Creo que despois desta viaxe teño unha visión máis axustada, máis sólida, ao ter máis coñecemento do planeta.

-¿Como unha catarse?

-Non porque levo viaxando desde os 18 anos. O que pasou é que foi unha viaxe continua, foron once meses continuamente viaxando. Nos anos 2012 ou 2013 collín un avión cada 15 días para ir a algunha parte, para cousas de traballo. Esta viaxe foi algo distinto. E non é que fora como unha catarse, pero deume outro enfoque distinto do planeta.

-¿Ten pensado publicar algún libro coas experiencias que nos foi narrando no seu blog?

-Teño tres libros en mente con respecto desta viaxe. Un sobre aspectos científicos, nos que falarei dos glaciares, dos volcáns... quero contar con máis detalle as cousas que fomos vendo, unha especie de ?viaxando con ciencia?. Despois quero facer algo coas fotos. As postas no blog foron editadas a toda velocidade, non lle dediquei máis de tres minutos a cada unha. Pero creo que cunha boa edición poden dar para facer unha especie de libro de fotos, pero comentadas. Sobre todo quero que reflictan o aspecto antropolóxico, quero explicar como vive a xente. E despois, outro libro sería sobre a viaxe en si, con anécdotas... Xa sei que deses libros hai moitos, pero esta é a nosa historia.

-Sabe que fomos milleiros os que os seguimos nesta viaxe. Cando a iniciaron ¿pensaba que tería esta repercusión?

-Realmente non sabía como ía funcionar o blog, pero antes de facelo xa tiña en Twitter 4.000 seguidores e sabía que calquera cousa que subira a xente ía ir ao blog. Sabía de entrada que había xente do mundo da cultura galega, da divulgación da ciencia en toda España coa que teño moita relación e que me ían seguir. Realmente era moi agradable ler os comentarios da xente. Nós tamén lle fomos collendo o gusto a contar as nosas historias.

-¿Que foi o máis duro?

-Probablemente estar tanto tempo fóra de casa. Si falas con Eli dirache dúas ou tres viaxes en barco [..].

-¿Viviron situacións de perigo?

-Hai moitos momentos que nunca sabes ata que momento poden ser perigosos. Cando aterrábamos en Botsuana tiñamos por dúas veces animais na pista... pero iso era realmente normal. Planeamos todo con bastante coidado e non tivemos ningún momento no que percibíramos o perigo real. Estivemos no Cabo de Hornos con ventos de 140 quilómetros por hora nun barco, pero aínda que era moito vento estaba todo baixo control [...] Dáche un pouco de vertixe cando levas dous meses por aí e ves que che faltan aínda nove meses de viaxe.

-¿Que foi o máis impactante?

-Un glaciar movéndose. É impresionante. Os glaciares vanse movendo pouco a pouco e a parte frontal vai caendo. Pero o máis espectacular son os estoupidos que fan, que son como explosións de dinamita que soan nun val que está completamente en silencio.

xurxo mariño neurocientífico e divulgador focense