Un dos espectáculos que máis fai desfrutar aos pequenos e pequenas é, sen dúbida, o dos Bolechas. Pois estarán este vindeiro sábado, día 6, en Burela.
«Os Bolechas e o Sabichón» é o título do espectáculo que se poderá ver e desfrutar o sábado na Casa de Cultura burelense ás seis da tarde.
Trátase dun espectáculo de monicreques dirixido a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos e ás súas familias.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Educación, Cultura e Turismo de Burela, a través do Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes, dependente da Consellería de Cultura.
Dende o concello burelense tamén indican que a entrada para o espectáculo é totalmente gratuíta. Lembren, este sábado ás 18 horas en Burela.