Incongruencias

SUSO FERNÁNDEZ, CRONISTA OFICIAL DE FOZ

A MARIÑA

01 sep 2014 . Actualizado a las 18:55 h.

O turismo é sector en expansión, de vital importancia económica. Facelo compatible coa protección do medioambiente é primordial para acadar o obxectivo de ?sostible? que permita un planeamento ordenado e respectuoso coa natureza e evitar a destrución por mor dun desenrolo nefasto para os valores que son razón dun mercado baseado nos atractivos naturais: a beleza e harmonía; os amplos espectros da cultura ; o interese da historia e de canto poda atraer a atención de quen se compracen nela e no coñecemento, estudo e observación dos testemuños de feitos pasados. É frecuente que se derruben vellas construcións que conservarían o significado histórico e a lección de vida, que moitos deles ofrecen, para substituílos por mamotretos amorfos, que nada din histórica, arquitectónica, nin esteticamente, en accións depredadoras; os exemplos son abondosos.

Dende hai unha ducia de anos que os políticos cubríronse de gloria coa agresión ó mais valioso e sensible espazo natural, instalando a depuradora na ría e o entorno do porto de Foz, converteron a vila en lugar de permanentes e noxentos cheiros que deterioran moi gravemente o medio, producindo os efectos mais incongruentes co que debe ser obxectivo irrenunciable das xentes do concello, gobernantes e oposicións. Poucos días hai, un forasteiro que pasaba pola rúa Concepción Arenal, ante o abafante cheirume que detectaban as pituitarias, preguntou a unha veciña se naquel entorno ? entre a Casa da Cultura e a Gardería Infantil -existían piaras de porcos ceibes: Cando soubo a verdade o home só preguntou: ?¿e a veciñanza tolera esta cochambre...??

¿Cal será o futuro da depuradora?. Partidos na Corporación, en patéticas incongruencias, trocan a estratexia; desdícense do dito, e algúns defenden, ampliada a súa capacidade, a permanencia na ría, para que, supoñemos, a eventualidade dun incidente na mesma, resulte contundente . O inxenio popular, que non falta, á vista dos efectos evidentes, ten definidos os últimos 20 anos da xestión municipal, como ?a era dos políticos da merda? ; e non se trata, precisamente, dunha incongruencia. ..Penoso!