Promoven unha maratón nas Catedrais para que sexa declarada parque natural

I. DÍAZ / Y. G. RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

As Catedrais é un dos puntos máis visitados de Galicia.
As Catedrais é un dos puntos máis visitados de Galicia. x. f. r.< / span>

29 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A praia das Catedrais acollerá o sábado 6 de setembro unha media maratón de 21 quilómetros para reclamar que o areal sexa declarado parque natural. A carreira sairá ás 18 horas dende o Concello de Ribadeo e rematará no propio areal despois de recorrer moitos dos lugares máis emblemático e, nalgúns casos, descoñecidos, da zona.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia, explicou que o 6 do setembro é un día perfecto para esta iniciativa xa que é «en plenas festas da Patroa, coincidindo cunha das mareas baixas máis importantes do ano e coa fin de seguir dándolle iniciativas á xente para que veña a Ribadeo». Suárez, engadiu que, ademais, é unha excelente oportunidade para dar a coñecer moitos lugares case descoñecidos e reivindicar que «todo este areal e toda a costa de Ribadeo sexa declarada Parque Natural».

Outro dos grandes atractivos da proba é que «vai traer a moita xente do mundo deportivo, anque non calquera pode inscribirse, xa que é unha proba dura». Moitos dos lugares polos que transcurrirá son camiños que se estiveron rehabilitando e abrindo na senda costeira. «Son 21 kilómetros por lugares para moita xente non descubertos e marabillosos», subliñou o rexedor.

Unha vez máis, Ribadeo volve unir deporte e cultura cun fin moi interesante, como é a de defender o propio e reclamar a cota de protagonismo que As Catedrais merece.