Volta a cita coas antigüidades a Viveiro

La Voz

A MARIÑA

24 jul 2014 . Actualizado a las 16:00 h.

Na tarde de onte foi presentada no Concello de Viveiro a Feira de Antigüidades e coleccionismo que esta ponte festiva abrirá a súa segunda edición. Un dos principais atractivos desta nova feira, que se celebrará no pavillón Antonio Tarrío, radica en que haberá un total de 25 expositores, polos tan só 16 de 2013. Ademáis, vendéranse rifas para que o domingo, ás 19 horas, se sortee un vale de 500 euros a canxear na propia feira. Do mesmo xeito, unha parte do recadado pola venta dos tickets destinarase á compra de 500 kilos de comida que serán cedidos ao Banco de Alimentos de A Mariña. O horario de atención ao público irá, durante os tres días, de 10 a 14 horas, pola mañá, e de 17 a 21 horas, pola tarde. Organiza esta actividade CC Eventos coa colaboración do Concello de Viveiro.