«Queremos recuperar a praia de Fomento para facela urbana»

La Voz

A MARIÑA

As praias, a ría, O Vicedo goza dunha paisaxe de privilexio.
As praias, a ría, O Vicedo goza dunha paisaxe de privilexio. x. ramallal< / span>

23 jul 2014 . Actualizado a las 15:00 h.

É obrigado falar de proxectos e asignaturas pendentes en canto a obras no Vicedo.

-¿Que temas están pendentes no Concello do Vicedo?

-Pendentes temos varios. Me gustaría sacar adiante, traballando con Costas, na rexeneración da praia de Fomento. Xa se demoleu o asteleiro, está feita a solicitude para demoler outras edificacións desa zona e recuperar a praia para convertila na praia urbana, aínda que apta para o baño xa está. Chámase así porque o barrio é o barrio de Fomento. O nome veu de cando se cedeu o solar para facer as Casas Baratas.

-En canto a proxectos locais...

-Por desgraza, estamos nun momento en que coma outros concellos a nivel de proxectos estamos en capa caída. Si que imos facer unha importante rexeneración de vías municipais, pavimentacións, bacheos máis que nada e noutros casos completas porque tivemos un inverno crudo. Vimos de aprobar as memorias do técnico por valor de 44.000 euros para poder empezar xa en varias fases, con fondos propios, aínda que intentaremos meternos na subvención de danos temporais.