«O mellor na romaría do monte Castelo é acampar e comer todos xuntos»

RAQUEL ZAS / S.C. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

Mañán, xoves, arranca a festa, coas parcelas xa cubertas ó 90%

23 jul 2014 . Actualizado a las 22:43 h.

Todo está listo para a «Romaría do Monte Castelo» de Burela, que un ano máis congrega a multitude de veciños e mariñanos que ocuparán as súas parcelas dende o 24 ata o 27 de xullo. Marcos Vázquez é o presidente da asociación «Amigos do Monte Castelo» que organiza a tradicional festa por decimoquinto ano consecutivo.

-¿Cal é a esencia desta romaría?

-Xuntarse no monte catro días, acampar alí e comer todos xuntos. É unha tradición moi bonita.

-¿Xa están todas as parcelas cubertas?

-Estamos ao 90% aproximadamente. Moitas das parcelas xa se gardan de un ano para outro.

-¿Esperan máis xente que o ano pasado?

-Sí, porque este ano o venres é festivo e iso axuda para que a xente se achegue. Ademáis o ano pasado coincidiu co accidente do tren en Santiago, e aínda que non nos afectase directamente suspendéronse moitas actividades.

-¿Cómo se comportan as novas xeracións nesta festividade?

-Hai moita participación de xente xoven. Ademáis, este ano incorporamos á nosa asociación dous rapaces que aportan ideas frescas para que a romaría se adapte a tódolos públicos.

-¿A parcela é gratuita?

-Cobramos unha cantidade simbólica para gastos varios e orquesta, ademáis de poñer unha fianza no caso de desperfectos nas parcelas.

-¿Cal é o programa?

-O xoves arrancamos ás 20.00 horas ca misa na Igrexa da Vila do Medio e a continuación subida da imaxe. Ás 22.30 horas haberá unha chicharrada co tradicional chupinazo para despois dar lugar á verbena a cargo de Dúo a Cine. O venres podemos destacar os xogos para nenos que se celebrarán pola tarde e a «Festa do Marisco» da que se pode disfrutar ben no monte por 15 euros a ración ou ben na «cafetería Vistalegre», na «cervecería Kiko» ou na «Boasmigas» por 13 euros. E por suposto a verbena que protagonizará a orquesta Asiria e o dj Chente. O sábado celebraráse o concurso de casetas, (con premio para as mellores), pasamesas, e verbena a cargo da orquesta Fantasía. E para rematar, o domingo terá lugar a tradicional misa que será ás 12 horas (ó contrario do que pon no programa) e a sesión vermú ofrecida polo Trío Areal.