Patrocinado porPatrocinado por

Santiago de Foz e San Lourenzo

SUSO FERNÁNDEZ, CRONISTA OFICIAL DE FOZ

AGRICULTURA

21 jul 2014 . Actualizado a las 19:45 h.

Nunca soubemos por qué, sendo Santiago o Patrón da nosa vila celébranse, como patronais, as festas de San Lourenzo. O feito, sen ser algo insólito, resulta chamativo, pois descoñecemos a existencia dalgún acontecer histórico ou lendario que relacione ó Santo das parrillas co noso pobo.

Temos escoitado teorías que pretenden explicar as razóns polas que se da tal aparente anomalía, todas referidas a motivos laborais; pero non atopamos unha soa referencia escrita que confirme algunha delas.

Así, dise que en tempos nos que a agricultura e a gandeiría tiñan un peso definitivo na economía da nosa sociedade, trasladáronse as festas ó 10 de agosto para celebralas de xeito mais distendido, sen agobios, xa rematadas as faenas do campo referidas, sobre todo, ós traballos das segas e as mallas.

Outra versión, para nós menos consistente, tería que ver coas costeiras do bonito e o bocarte, alusión que consideramos anacrónica.

E unha terceira, senon mais veraz, sí mais atractiva, tería que ver coa existencia dunha antiga confraría para organizar os festexos, que era propietaria de gando ceibo no monte; o día 24 de xullo celebrábase na Espiñeira unha importante feira á que levaban a vender as reses , o que de xeito notorio interfería no desarrollo da celebración do festivo...

Posiblemente non sexan éstas mais que elucubracións carentes de fundamente o que fai que transcurridos séculos moita xente, focegos e foráneos, segan a preguntarse: ¿por qué, e dende cando, o San Lourenzo pasou a sustituir a Santiago na celebración social do festivo patronal...?

Para a primeira parte da pregunta non temos a mínima resposta; polo que respecta á segunda un benquerido amigo, estudoso da hiatoria local, atopou no libro de fábrica da igrexa parroquial unhas anotacións según as que no ano 1634 pagáranse X reás a un gaiteiro por tocar na festa de Santiago e, 33 anos despois, en 1667, por facelo na festa de San Lourenzo; e dende entón (século XVII) celebrouse sempre ésta. Parece que o dato polo menos despexa parte da incógnita...