Penabade presenta "Conversas con Isaac Alonso Estraviz"

Y. G. FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

01 abr 2014 . Actualizado a las 16:51 h.

«Como todo o mundo sabe ?explican dende a Asociación Cultural A Pomba do Arco? Alonso Estraviz é o responsable e coordinador do dicionario máis completo de galego portugués pero da man deste libro poderemos coñecer mellor ao profesor, o activista, o estudoso grazas ao traballo de compilación realizado polo investigador Bernardo Penabade». O resultado foi Conversas con Isaac Alonso Estraviz que o profesor de lingua e literatura galega do IES Perdouro e coordinador do Modelo Burela presentará na tarde-noite de mañá, día 2, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura focense.

Esta publicación «non é a primeira ?engaden? na que se toca o xénero das entrevistas pois no ano 2002 publicou outro titulado Xavier Alcalá, escritor y primer presidente de la AGAL». Dende A Pomba do Arco manifestan que Conversas... «se vai converter nun libro de referencia da nosa cultura galega».