The Brosas, Batuko, Grampoder, NósBandera, Skolma, Komandante
21 sep 2013 . Actualizado a las 07:02 h.Pop, rock, folk, todo ten cabida no concertazo que esta noite vai ter lugar en Burela, un concerto reivindicativo pola sanidade pública. Atención, dende as cinco da tarde, estes son os grupos participantes: The Brosas, Batuko Tabanka, Grampoder, NósBandera, Skohlma, Komandante e Batuko Rabentola. O prezo da entrada é de seis euros.
A asociación cultural Xebra e o colectivo cultural Buril organizan este primeiro concerto en defensa da sanidade pública da Mariña, concerto no que tamén colabora a plataforma en defensa da sanidade pública da comarca. O concerto será na sede de Xebra.
Este concerto, variado, novidoso e atraínte, xurdeu da proposta e iniciativa de mozos e mozas de diversos puntos da comarca comprometidos coa sanidade pública, universal, gratuíta e de proximidade, concerto popular que ten como obxectivo reivindicar dende a xuventude, en positivo e dende a música, a sanidade como servizo público despois dos recortes realizados polo Goberno central, a Xunta e a Xerencia Integrada Provincial, sinalan dende a organización. Dende as cinco, toda a tarde.