Celeiro elaborará el sábado 600 kilos de merluza para su exaltación gastronómica

JULIA MORENO / Y.G. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Jesús Fernández confía en que o título de interés turístico dea máis publicidade á Festa da Merluza.
Jesús Fernández confía en que o título de interés turístico dea máis publicidade á Festa da Merluza. p. l.< / span>

Estrenará el título de FEsta de Interese Turístico Galego

16 jul 2013 . Actualizado a las 07:02 h.

Jesús Fernández é o secretario da Asociación Penalba-Colectivo Chilindrín, que está presidido por Bernardo Fraga. Esta agrupación é a que se encarga de levar a comisión de festas de Celeiro, e son os que fixeron os trámites para que a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro acadara o título de Interese Turístico Galego, tras 15 edicións. É este sábado.

-¿Que novidades hai este ano nas festas de Celeiro?

-Pois a parte de que a Festa da Merluza ten un título importante, o grupo de voces de Celeiro, dirixido por Caxete, vai cantar a misa no día de Santa Ana.

-O título de Interese Turístico Galego, ¿repercutirá na festa da merluza?

-Aínda está todo moi recente, estámonos estreando. Quizáis este ano non repercuta moito, pero todas as festas gastronómicas con título teñen máis publicidade. É un aliciente turístico.

-¿Cantos quilos de pescada se encargan para esta edición?

-Uns 600, como case tódolos anos. O único que cambiou ao longo do tempo foi a localización, xa que se fai na lonxa vella.

-Este ano coincide coa Festa do Percebe de Xove...

-Non se trata de competir, aquí sempre se fixo nas mesmas datas excepto o ano pasado por problemas técnicos. Organízase con boa intención. Parece que non se mira o calendario.