A Mariña, unida pola lingua galega

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

Un dos actos de hoxe é o Correlingua, que se celebra en Mondoñedo

16 may 2013 . Actualizado a las 07:03 h.

Mañá será o Día das Letras Galegas, unha data que se leva conmemorando xa dende hai días na Mariña. Na véspera á xornada principal dedicada este ano a Roberto Vidal Bolaño, un dos centrais será o Correlingua, en Mondoñedo nesta ocasión, baixo a coordinación de Dores Fernández Abel. Un millar de alumnos correrán pero sen carácter competitivo en defensa da lingua galega, a través dun percorrido que arrancará ás 11.00 horas da avenida de Bos Aires para chegar á Praza da Catedral. Unha vez alí, o remate do Correlingua contará coas actuacións de escolares, o actor Pepe Penabade e a cantante Lidia Botana, unha das gañadoras do concurso.

Os centros partícipes do Correlingua, de secundaria, son os IES San Rosendo de Mondoñedo, de Ribadeo, Foz, Alfoz-Valadouro, Perdouro e Monte Castelo de Burela, Illa de Sarón de Xove e María Sarmiento de Viveiro e, de infantil e primaria, os Ceip de Cervo, Martínez Otero, Fondo Nois e o Cantel de Foz, San Miguel de Reinante de Barreiros e o mindoniense Álvaro Cunqueiro.

Fan posible o Correlingua os equipos de Normalización Lingüística deses centros, máis o Concello de Mondoñedo xunto con Ourense, Vigo, Pontevedra e Lugo, a Vicepresidencia Primeira da Deputación, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e CIG-Ensino.

No outro extremo da Mariña, en Ribadeo, hoxe segue a festa do galego coa presenza do monologuista Celso F. Sanmartín ás 21.00 no Teatro recreando «o cotián desde a tenrura e a retranca» en Contos que non falten e coa promoción da literatura galega a través das librarías que farán descontos e entregarán un caravel vermello e un marcapáxinas coa figura do dramaturgo. Organiza a Agrupación Cultural Francisco Lanza.

As Letras Galegas tamén son as protagonistas a través da exposición bibliográfica centrada no homenaxeado do 2013, «figura imprescindible para coñecer a dimensión do teatro galego», sinalan, que se pode ver na Biblioteca Pública de Burela, de 9 a 13 e de 17 a 20 horas. En este concello, el Anpa del Virxe do Carme ha organizado para hoy, día 16, a las 18.00 horas una obra de teatro. Será en la Casa da Cultura y actuarán alumnos del colegio. La entrada es libre.