«Queremos facer o festival máis grande da nosa historia»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

A macrocita viveirense confirmou a presenza de 14 bandas máis

19 abr 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Na web do Resurrection Fest 2012 rematou onte pola tarde a conta atrás para coñecer as bandas que virán a Viveiro en agosto, o mellor do punk-rock, hardcore e metal principalmente: Descendents (California), At the Gates (Suecia), Anti-Flag (Pensilvania) e Suicidal Tendencies (California) na cabeza do cartel: The Black Dahlia Murder; Against Me!; Nasum; Good Riddance, Soziedad Alkoholika; Berri Txarrak; Skarhead y H2O; Reel Big Fish; Proudz, Adrift; GAS Drummers, Primitive; Blood for Blood e While She Sleeps, Hatebreed, Suicide Silence, Converge, Unearth e Agnostic Fron, Municipal Waste, Deez Nuts, Set Your Goals, MXPX All Star, Here Comes The Kracken, Give Em Blood, Crisix ou The Eyes.

-¿Como van os preparativos?

-Empezamos a traballar en setembro na contratación. O prantexamento foi facer o festival máis grande que fixemos nunca, queremos facer o Resurrection máis grande da nosa historia. A inversión que faremos é bastante maior que outros anos, vamos seguir mantendo os dous escenarios, un principal e un segundo en carpa máis grande que o do ano pasado. Queremos que o festival siga unha evolución.

-¿Imaxinaban este nivel?

-Este é o festival número 7. Dende 2006, sete anos despois é un prantexamento completamente diferente. O primeiro era un concerto con dúas bandas internacionais e outras nacionais. Agora son 40 de todo o mundo. Do punk-rock, hardcore e metal son das bandas máis grandes. A programación de Viveiro é moi especializada, ese é o atractivo. Máis da metade do público vén de fóra de Galicia, Madrid, Barcelona... incluso de Portugal e do sur de Francia.

-As redes sociais axudan.

-Nos primeiros anuncios a repercusión foi máis grande do que pensabamos, estivemos entre os catro temas máis comentados de Internet e antes que Gran Hermano, e iso que é un festival de música alternativa, non comercial. A política do festival é de prezos baixos, como o festival vai crecendo, a entrada tén que incrementar un pouco, pero aínda así é das máis asequibles en relación calidade-precio. A primeira oferta era a 40 euros o abono, sacamos unha segunda de mil entradas máis a 50, acabouse rápido e o ritmo de venta ía bén, o prezo final vai ser 55 euros por tres días.

iván méndez director do resurrection fest