Recoñemento e algo máis

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

pareceu, ao cabo, o corpo do oficial de policía Rodrigo Maseda, natural de Burela. Cando menos ponse punto e final a unha traxedia que quedará na memoria de todos, especialmente na Mariña, polo xesto heroico -non debemos cansar de repetilo- deste xoven policía e como el, dos outros dous axentes tamén finados no mar do Orzán. Desde o primeiro momento o Concello de Burela, e na súa representación o primeiro mandatario municipal, estivo pendente da familia e dos acontecementos, tal e como correspondía. Onte o goberno local decretou tres días de loito oficial e suspendeu os actos institucionais previstos; tamén transmitiu o pesar á familia no nome de toda a corporación municipal.

Desde outros concellos e mesmo desde a Deputación repetíronse as homenaxes para os axentes de policía e en particular, na Mariña, para Rodrigo Maseda. Parécenos que o seu comportamento exemplar, heroico, debera ter un recoñecemento maior, que perdure na memoria colectiva de Burela nunha placa dun parque ou dun xardín ou ben dando nome a unha rúa. Non adoitan repetirse este tipo de actos e menos hoxe en día onde prevalecen outros valores ou mellor dito, a falta deles. Por iso debería considerarse esta posibilidade. Pola vinculación do xoven policía coa súa localidade natal, onde tiña vínculos e afectos, onde era aprezado e recoñecido. Onde se sabe como en ningún outro lugar probablemente do valor do seu xesto. Estamos nun tempo onde todo pasa a demasiada velocidade, onde os feitos se suceden en cascata e se recollen nos medios (tamén nas redes sociais) pero todo é demasiado fugaz. Por iso acaso cómpre un recoñecemento maior en Burela a Rodrigo Maseda, porque sería xusto, merecente del e para que perdurara como exemplo.

Saber más...