«Moitas empregadas do fogar viven agora con incertidume»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

O colectivo informará mañá dende Ribadeo dos cambios neste sector

24 ene 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade que preside Luisa González organiza unha charla informativa para mañá mércores en Ribadeo (18.30, Casa das Letras) en colaboración coa asociación de traballadoras no fogar Xiara, de Santiago. Intervirán as dúas voceiras Mercedes Andrade e Teresa Rodríguez, para explicar a entrada en vigor dun novo marco legal.

-Hai un prazo de seis meses para adaptarse a esta nova situación, que supón un cambio.

-Si, para regularizar a xente que non está dada de alta na Seguridade Social. O acto é interesante porque moitas das empregadas que estaban desenvolvendo estes traballos viven agora unha situación de incertidume, sobre todo nos casos nos que elas estaban pagando elas o seguro. Por outro lado, os empregadores queren saber como teñen que facer para regularizalo e os que si as tiñan dadas de alta que tramites seguir.

Ainda así hai lagoas... a ver como quedan as mulleres.

-Incluso se da que o empregador lle diga que se a tén que asegurar non lle da o traballo.

-Todo suma e tal e como está o tema laboral hoxe... Aínda que esta reforma é un paso adiante. Recoñece os dereitos das mulleres traballadoras que estaban nunha situación surrealista, pero non se entende que as traballadoras domésticas non se equiparen ao resto dos traballadores. Despois, tamén está o tema das mulleres inmigrantes sen permiso de residencia. Ou traballan na economía sumerxida ou quedan sen traballo.

-Xa en marzo do 2008, unha das primeiras actividades do Observatorio foi unha xornada similar sobre as traballadoras do fogar...

-Si, foi un dos primeiros actos do Observatorio, sobre un sector onde hai máis mulleres traballando e en precario. Que se fixera este recoñecemento dos dereitos delas está ben. Agora véñenos dúas portavoces da asociación, para que lles expliquen que está a pasar e como se vai executar o decreto do Goberno, aclarando estas situacións, porque se non vanse producir lagoas.

luisa gonzález presidenta do observatorio da mariña pola igualdade

«A reforma recoñece os dereitos das traballadoras»