Patrocinado porPatrocinado por

«Levar as hortalizas é unha canallada para os alumnos que intentan aprender»

La Voz

AGRICULTURA

PEPA LOSADA

07 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

-¿Que os leva a instalar as alarmas?

-Foi ante a oleada de roubos que houbera. Xa entraran na escola de Reirado, onde nos levaron unha desbrozadora da escola obradoiro que tiñamos en conxunto cos concellos de Alfoz e Foz. Despois roubáronos gasoil, sobre 280 litros, dúas veces, de dentro da nave municipal. Romperan a cerradura a entraran. Desde logo, non vamos deixar no centro de agricultura quince equipos informáticos sen contar con vixianza.

-E lévanlles as verduras

-Iso non foi nada, pero tamén é unha canallada para os alumnos que están intentando aprender.

-¿Pensa que será eficaz?

-Eu creo que si, se vai alguén xa o detectamos tanto nós como as forzas de seguridade.

-¿Non planteará problemas a instalación de cámaras no exterior contra o dereito das persoas? Nalgún Concello tiveron problemas.

-Eu confío que non. Todo o que vaiamos facer é con asesoramento dunha empresa especializada.