Patrocinado porPatrocinado por

«Veñen tempos moi complicados para todos, pero hai zonas que están mellor»

L. D. MONFORTE / LA VOZ

AGRICULTURA

15 mar 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

o colleiteiro de Arnoia Bernardo Estévez ven de ser elixido novo responsable do sector do viño no Sindicato Labrego Galego. Nos actos previos da Feira do Viño de Chantada, deu unha charla sobre a viticultura natural que pon en práctica nos seus viñedos do Ribeiro. De momento, non se molla sobre o posicionamento do SLG nas eleccións en Ribeira Sacra.

-¿Está a favor de repetir a fórmula do consenso?

-Despois do meu nomeamento, falamos nunha reunión das eleccións aos consellos reguladores. Pero foi dun xeito xenérico, sen entrar polo miúdo en cada caso. En quince ou vinte días, estarei na Ribeira Sacra para ver que se fai. Son os afiliados os que teñen que decidir se hai acordo ou non sobre unha lista de consenso.

-¿Como ve o futuro do sector?

-Veñen tempos moi complicados para todas as denominacións, pero as que apostaron pola calidade, por un modelo de diferenciación dos seus viños, vailles ir mellor. Vexo un futuro moi complicado en Rías Baixas polo volume da colleita.