Máis de 3.000 escolares reivindican o galego participando no Correlingua

VIGO

M. MORALEJO

Ao remate, no parque de Castrelos houbo diferentes actividades lúdicas e culturales A carreira partiu de Lugo o pasado día 2 e rematará mañá en Ourense, logo de cubrir dez etapas

11 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Máis de 3.000 escolares dos centros de ensino de Vigo participaron onte na octava etapa da presente edición do Correlingua, baixo o lema Galego: un bico na lingua . Dende a plaza do Rei, onde foron despedidos por unha alcaldesa feita unha defensora da lingua_«..facer con esta carreira cun obxetivo que todos queremos: a normalización definitia do uso da nosa lingua na escola, no mercado, no traballo, na casa..», os participantes partiron cara ao parque de Castrelos, polas rúas Camelias, plaza de Independencia, plaza de América y Castrelos, onde poideron gozar de actividades lúdicas e culturais. O acto festivo no parque estivo dirixido polo Caruncho e o grupo de rap Deus que te criou. Tamén actuou un grupo de alumnos que se chaman Travelers. Os escolares máis pequenos, os correspondentes ao segundo ciclo de infantil e primeiro ciclo de primaria, non fixeron o recorrido, senón que participarán en xogos e outras actividades dende as 11.00 ás 12.00 horas, organidas polos monitores da Cooperativa de Educación Ambiental Teixugo. Xa dende as doce da mañá, se deron por concluidas as actividades. Unificación Correlingua é a denominación que adoptaron, hai cinco anos, de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Esta actividades está deseñada e organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística , os Equipos de Normalización dos centros escolares así como os concellos de Santiago, Pontevedra, Lugo, Vigo e Narón. Na comarca de Vigo tamén colaboran os concellos de Moaña, Mos e O Porriño. O proxecto Correlingua 2005 partiu da cidade da Lugo o día 2 de Maio e continuou polo Salnés, Narón, A Coruña, Burela, Pontevedra e O Baixo-Miño, antes de chegar a Vigo. Proximamente pasará por Santiago, para finalizar o día 13 en Ourense. Personaxes coñecidos como os humoristas Mofa e Befa acompañarán o alumnado nesta actividade. Este ano, os alumnos de cuarto de ESO do colexio Pontecarreira - Frades, de A Coruña, gañaron o premio ao manifesto do Correlingua, mentras que os alumnos da escola de Piñeiro, en Tomiño, foron quen obtiveron o primeiro premio no concurso de banda deseñada.