• Radiografía de desigualdades

    As expectativas nos ámbitos formativo e laboral son diferentes para homes e mulleres

    > Ana T. Jack

    Romper estereotipos. Ese é o obxectivo da orientación profesional non sexista que, cada vez desde máis entidades, se dirixe cara aos estudantes que aínda non decidiron o seu itinerario vocacional. Os chamados rumbos de xénero están tan marcados na sociedade, e xa que logo na nosa forma de ver o mundo, que tanto desde a familia como desde o centro educativo caemos con facilidade nos mesmos clixés de sempre: a elas sempre as vemos máis traballadoras, sistemáticas e organizadas, pero talvez non coa destreza mecánica ou a capacidade física que esixe facer fronte aos retos de determinadas profesións consideradas no pasado de homes: soldador, enxeñeiro aeroespacial ou mergullador profesional. Aos mozos, por outra banda, tamén lles recoñecemos moitas virtudes, pero de entrada talvez non lles animemos a esas ocupacións consideradas de mulleres: estilista, enfermeiro ou auxiliar de gardería. Por sorte, as cousas están a cambiar e en maior ou en menor medida (case) todas as profesións teñen representación de ambos os sexos. Con normalidade, como ten que ser, sen presión de ningún tipo e abrindo o abano de posibilidades.

    Se desde o ámbito familiar e escolar somos conscientes destas desigualdades (que existen e están aí en pleno século XXI, ¡non o neguemos!), resultaranos máis fácil superalas. Trátase, en definitiva, de conseguir que mozos e mozas tomen decisións responsables sobre o seu futuro profesional de forma consciente e libre, sen condicionantes de ningún tipo, escapando de presións sociais, prexuízos e estereotipos máis propios de épocas pasadas.

     

    O seguinte cadro plasma dunha forma moi sintética como a sociedade patriarcal, e a súa clásica asignación de roles a un e outro sexo, condiciona aínda hoxe a nosa realidade no ámbito laboral.

     

    QUE ESPERA A SOCIEDADE DAS MULLERES?

    ? Maior importancia á familia.

    ? Maior dedicación ás tarefas domésticas.

    ? Maior coidado da imaxe persoal.

    ? Maior interiorización da responsabilidade de coidar a outras persoas.

    ? Maior dependencia das valoracións dos outros para formar a autoestima.

    ? Menor importancia ao tempo propio (lecer, deporte, descanso…).

    QUE DIFERENZAS HAI NO ÁMBITO FORMATIVO?

    ? Maior éxito académico.

    ? Maior presenza en bacharelato, ciclos formativos de grao superior e estudos universitarios.

    ? Maior interiorización da norma, mellor organización e planificación de tarefas académicas.

    ? Máis presenza en estudos de promoción da saúde, imaxe corporal e administración.

    ? Maior presenza en títulos do ámbito social e humanístico.

    ? Menor presenza en estudos considerados tradicionalmente masculinos (ciencias, enxeñerías…).

    COMO É A SÚA REALIDADE

    NO ÁMBITO LABORAL?

    ? Gañan menos que os seus compañeiros homes realizando o mesmo traballo

    (a diferenza é maior en postos elevados).

    ? Máis contratos a tempo parcial.

    ? Os postos de menor prestixio están ocupados sobre todo por mulleres (limpeza…).

    ? Máis dificultades para conciliar a vida laboral e familiar.

    ? Maior uso das baixas de maternidade e permisos por coidados de persoas dependentes.

    ? Maior taxa de abandono do posto laboral por asunción de tarefas domésticas e de coidado a terceiros.

    ? A taxa de paro é máis alta.

    Cobran unha pensión por xubilación menor.

    O seguinte cadro plasma dunha forma moi sintética como a sociedade patriarcal, e a súa clásica asignación de roles a un e outro sexo, condiciona aínda hoxe a nosa realidade no ámbito laboral.

    QUE ESPERA A SOCIEDADE DOS HOMES?

    ? Menor tempo de dedicación ás tarefas domésticas e ao coidado de terceiros.

    ? Maior autonomía.

    ? Máis tempo libre.

    ? Maior construción da autoestima baseada na valoración persoal.

    ? Maior interiorización de valores asociados á seguridade, competitividade e liderado.

    QUE DIFERENZAS HAI NO ÁMBITO FORMATIVO?

    ? Maior índice de fracaso escolar.

    ? Maior presenza en ciclos formativos de grao medio.

    ? Maior representación en estudos asociados á rama científico-

    tecnolóxica.

    ? Maior presión para incorporarse de forma temperá ao mundo laboral.

    COMO É A SÚA REALIDADE NO ÁMBITO LABORAL?

    ? Maior salario que as mulleres ante idéntico desempeño profesional.

    ? Maior ocupación de postos directivos e alta responsabilidade.

    ? Maior presenza en actividades de formación para a promoción interna.

    ? Menos baixas por asunción de obrigacións familiares ou coidado de dependentes.

     

    escuela de padres

    ? TEMA DO MES: Elección

    profesional sen estereotipos sexistas.

     

    ? ETAPA: Educación secundaria.

     

    ? O DATO: A brecha salarial prodúcese sobre todo nas profesións máis cualificadas. Por exemplo, no mundo dos negocios as mulleres cobran un 20 % menos que os homes, do mesmo xeito que nas actividades científicas. No sector aloxamento e restauración baixa ao 12 %. E curiosamente, nos sectores de máis baixa cualificación e dominados tradicionalmente por homes, como construción e minería, os soldos das mulleres son superiores. Isto é así porque as mulleres que traballan nestas áreas (administración…) teñen maior formación e, xa que logo, mellor salario.

     

    ? COMPORTAMENTOS QUE SE DEBEN EVITAR: Premer aos nosos fillos para que escollan unha opción profesional máis propia do sexo ao que pertence.

     

    ? ALGUNHAS CLAVES: Educar en igualdade supón ser críticos cos valores que transmitimos de forma inconsciente e cos modelos que ofrecemos desde casa.

     

    ? PARA SABER MÁIS: Guía de orientación «Profesiones sin género», editada polo Concello de Fuenlabrada, Concellaría de Igualdade.

    Pódese descargar en PDF nesta ligazón: https://goo.gl/Tibc2A

     

    Ver Comentarios