«Eurovisión estame abrindo moitas portas fóra de Galicia»

Lucía Rey
lucía rey LUGO / LA VOZ

LUGO

A intérprete do Incio actuará por segunda vez nas festas de San Froilán

11 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Dous meses despois de representar a España no festival de Eurovisión con Que me quiten lo bailao, Lucía Pérez (O Incio, 1985) non para. Concertos, galas, actuacións, entrevistas..., atopar un oco na súa axenda este verán é bastante máis complicado que o anterior. «Esta etapa vai ser de moitos viaxes, hai que aproveitar», comenta.

-¿Como ve agora o festival?

-Como algo lonxano xa [sorrí], aínda que con moita añoranza boa, positiva. Foi unha das mellore experiencias da miña vida a nivel persoal e profesional, e teño un recordo moi bo.

-¿Foi unha boa promoción?

-Moi boa. Agora doume conta de que o poder da televisión é enorme. Comparado con outros anos, este estanme reclamando máis. Segue aberta a contratación, pero sei que agora temos unhas trinta actuacións contratadas ata novembro, cando o ano pasado nestas datas ao mellor tiñamos dez menos. Eurovisión estame abrindo moitas portas fóra de Galicia, que era un dos meus obxectivos cando me presentei á selección. Estannos saíndo cousas en Madrid, na zona de Levante, en Asturias, en Cataluña... ¡Creo que non vou parar! A raíz do festival estannos dando a oportunidade de actuar en moitos sitios, co complicado que é neste momento dar a coñecer a un artista.

-¿Como se presenta o inverno?

-O peor para un artista é que tes que saber levar moi ben os tempos de altos e non tan altos, porque no inverno non tes o axetreo do verán. Tes que ter moi ben amoblada a cabeza para non virte abaixo. Iso é algo que me ensinaron meus pais, meu irmán..., e Chema Purón tamén me leva moi ben porque leva moitos anos e sabe o que hai.

-Actuará no San Froilán...

-Non sabemos aínda que día iremos, pero imos estar. Xa estiven hai tres anos, na Praza de Santa María, e oxalá se repita aquel ambiente porque fora un bo concerto.

-¿Percibe o cariño do público?

-Estou moi agradecida á xente, que se está volcando. E ao final é a que permite que isto poida seguir adiante. Antes e despois de Eurovisión recibín cartas, amuletos... todos desexándome sorte. E entre os nenos é unha loucura. Debe ser porque o de Eurovisión saíu moito cos Lunnis no Clan, porque están do principio ao final. Aguantan como campións nas festas. Para o artista é moi importante estar cómodo, sentir que a xente está contigo.

-¿Irá de novo no estranxeiro?

-Cara a final de ano temos outra actuación en Suíza e outra en Londres. Nos meus concertos tiramos bastante da música da nosa terra, das cancións en galego, e os galegos que viven fóra agradéceno. Vente como se foras un pouco a mediadora que lles leva un cacho da súa terra. Adiós ríos, adiós fontes é unha canción que emociona moito.

lucía pérez cantante que hai case dous meses representou a españa no festival