O profesor Díaz-Castroverde, de A Coruña, gañou o certame de investigación Condado de Pallares

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO

24 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O profesor José Luís Díaz-Castroverde Lodeiro, residente en A Coruña, foi o gañador do cuarto certame de investigación Condado de Pallares, que organiza a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. O traballo premiado é Morgados e xurisdicións na terra de Taboada , que estuda a historia familiar da Casa de Taboada entre os séculos XV e XVIII.

Díaz-Castroverde é doutor en Historia pola USC e ten publicados varios traballos de investigación, entre os que destaca El señoría de la Casa de Sonán en su jurisdicción, gobierno y hacienda .

A entrega do premio será na Casa da Cultura de Guntín o 17 de decembro, coa asistencia de representantes da Xunta, da Deputación, Caixa Galicia e dos concellos de Guntín e Taboada. O xurado formárono catro persoas.