O organismo provincial achegará 25.000 euros para dotar a Guitiriz dunha área de autocaravanas

La Voz

LUGO

18 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

No capítulo de axudas, a Xunta de Goberno acordou onte aprobar tres convenios entre a Deputación e os Concellos de Guitiriz e de Monforte para subvencionar a creación dunha área de servizo para autocaravanas no primeiro dos citados municipios, e a dotación de material deportivo ao estadio Luis Bodegas, así como o Festival de Jazz, ambos no concello de Monforte.

As achegas do organismo provincial serán de 25.000 euros para a área de caravanas que se habilitará no entorno do balneario guitiricense; 30.000 para equipamentos no campo de fútbol de Monforte e 36.723 para o Festival de Jazz monfortino.