O IES Leiras Pulpeiro gaña un concurso da Xunta para festexar os 25 anos da CRTVG

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO

06 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Os 25 alumnos de primeiro de Bacharelato do IES Leiras Pulpeiro, de Lugo, proclamáronse vencedores do concurso de animación «stop-motion», organizado pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta para conmemorar os vixésimo quinto aniversario da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG). O grupo realizou a mellor das animacións presentadas ao certame, no que participaron un total de 225 rapaces, de entre 14 e 18 anos, que estudan en centros de secundaria das sete principais cidades galegas.

A presentación do traballo tivo lugar o pasado 26 de abril na aula da rede Cemit (Centros para a modernización e a inclusión tecnolóxica de Galicia) de Lugo, situada no centro social Lamas de Prado. O premio entregarase o vindeiro mércores, 9 de xuño, no Centro Multimedia de Galicia, nun acto no que tamén se fará entrega dos galardóns correspondentes a outros concursos similares.