Táboas de piñeiro nas primeiras prácticas, antes de pasar ao freixo

La Voz

LUGO

04 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A visión espacial e as destrezas inflúen en que un alumno se convirta nun bon carpinteiro. Pero as habilidades tamén se practican. «A madeira é un material nobre que a nada que se lle faga resulta agradable á vista, ao tacto..», comentou o jefe do departamento de Madeira e Moble do Politécnico. Segundo explicou Castor Corral, durante o primeiro curso do ciclo formativo os estudantes realizan prácticas con táboas e tablóns de piñeiro, materiais de peor calidade.

«Despois xa se lles poñen madeiras máis nobres, como poden ser o castiñeiro ou o freixo», finalizou.