Redebioa é actualmente á única unidade de investigación competitiva no eido da biomasa e a agroenerxía a nivel nacional. Está formada por máis dun cento de investigadores de trece grupos diferentes que pertencen a seis universidades: a de Santiago, a de Oviedo, a Politécnica de Madrid, a de León, a de Guadalajara, en México, e a Politécnica de Marche, en Italia. Tamén forman parte desta rede as empresas Calfensa, Cerna e AA Solar Fotovoltaica
O feito de que esta xornada se celebrase en Lugo débese a que é neste campus onde traballan boa parte dos grupos de investigación que forman parte da Rede de biomasa e agroenerxía. Entre eses grupos atópanse o de modelización forestal, o de solos agrícolas e forestais, o de sistemas silvopastorais e a Unidade de Xestión Forestal Sostible. A eles súmanse o decano e o vicedecano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga e José Manuel Martínez, e o profesor deste mesmo centro Eugenio Rodríguez Núñez.
Redebioa invita a todos os investigadores e organizacións relacionados co seu ámbito de actuación a integrarse nesta rede, enviando para elo un correo electrónico a faolga@usc.es, a través do cal tamén poderán coñecer máis detalles do traballo que desenvolven os investigadores e grupos que a integran. Dispoñen ademais dunha web (http://www.usc.es/redebiom) na que tamén se pode obter información acerca desta rede creada hai un ano e que está a celebrar o primeiro aniversario da súa entrada en funcionamento.