09 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
Paz Abraira, cabeza de lista do BNG ao Congreso, defendeu onte o incremento do salario mínimo interprofesional, en contraposición á política de «cheques regalo electorais», e rexeitou as rebaixas fiscais liñais, como as que propoñen os partidos estatais, xa que a quen máis prexudican é a provincias como Lugo, cos salarios e as pensións máis baixas do Estado. Na presentación do programa do Bloque Nacionalista Galego aos sindicatos, Abraira reclamou un modelo fiscal baseado nos impostos directos e na rebaixa dos indirectos. Así mesmo, a candidata defendeu a redución da xornada laboral a 35 euros semanais e o incremento do gasto global en protección social.