pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Piden en Baralla un fondo municipal de emerxencia para casos de violencia de xénero

Autor:
F. F.
Fecha de publicación:

Con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero, o próximo 25 de novembro, o grupo nacionalista de Baralla ten previsto presentar no próximo pleno unha moción na que solicita do Concello a creación dun fondo municipal de emerxencia para facer fronte a posibles casos de violencia contra a muller. O voceiro do BNG, Xosé Manuel Becerra, explicou que o seu grupo considera necesaria «unha partida específica nos orzamentos para tal fin, que sirva para atender os casos de mulleres vítimas de violencia de xénero no Concello, que de maneira urxente poidan precisar axuda».

Becerra destacou a importancia da Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero. «A realidade amosa que o problema pode xurdir en calquera momento e en calquera sitio», sinalou o concelleiro nacionalista, que recordou que que non hai un só euro para este fin nos orzamentos do Concello que dedica ademais «unha mínima partida de fondos a servizos sociais».

O voceiro do BNG tamén denunciou o retraso do Concello na posta en marcha das obras da área fluvial. «Hai que ter ben pouca seriedade para dicir que se atrasaron as obras da área fluvial por culpa da instalación eléctrica cando todos os veciños saben que leva vinte anos prometéndoas e outros tantos sen facelas», denunciou publicamente o edil.

 

ENVIAR NOTICIA  

Piden en Baralla un fondo municipal de emerxencia para casos de violencia de xénero

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd